A FEG
¿Quen é a FEG?
Lista de asociados
Historia da FEG
I Encontro Ecoloxista

  Temas
Atmósfera
Biodiversidade e Espazos Naturais
Ecoloxía e Sustentabilidade
Enerxía
Medio Fluvial
Medio Mariño
Montes e Agricultura
Planificación Territorial e Transporte
Resíduos
Xeral

  Artigos e Reportaxes

Campañas

  Boletíns


Benvid@s

As asociacións ecoloxistas galegas desenvolven dende hai máis de dúas décadas un importante labor de concienciación ambiental da sociedade civil e de presión sobre as Administracións en defensa do medio ambiente do que depende o noso benestar e a nosa sobrevivencia. A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) naceu para coordinar os esforzos das asociacións ecoloxistas do noso país. 

Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, capaz de garantir as necesidades básicas de tódolos habitantes do noso planeta sen destruír o ambiente. Galicia é o noso ámbito de actuación e a nosa prioridade. Dende Galicia tamén contribuímos á defensa do medio ambiente global. 


Últimas novas da FEG premendo a imaxe





Maniféstate contra as touradas




 Contaminación atmosférica por ozono en Pontevedra

Atmósfera
A estación de vixilancia da calidade do aire de Pontevedra, xestionada pola Xunta,  rexistrou onte martes 27 de xullo altos níveis de contaminación  por ozono troposférico, chegándose a superar o limiar de información á poboación. Porén, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non advertiu ao conxunto da poboación pontevedresa desta superación, limitándose a divulgar os datos na sua web sobre calidade do aire. Dadas as elevadas temperaturas é probable que hoxe pola tarde se volva superar o limiar de informacion á poboación de contaminación por ozono. 
.


Ler máis... | Data 2010-07-29 12:35:35

 Nova certificación fraudulenta de Norfor por Bureau Veritas

Montes e Agricultura

Unha nova certificación baixo estándares do FSC (Forest Stewardship Council), vén de ser concedida a NORFOR, a filial de ENCE dedicada á xestión forestal. O FSC é una organización internacional sen ánimo de lucro, que ten sido apoiada polo movemento ecoloxista, pero que está a amosar unha deriva que a separa dos seus obxectivos orixinais de promover unha xestión forestal “ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e económicamente viable”, como demostra a nova certificación de NORFOR. A concesión do certificado tense levado a cabo pola multinacional da certificación Bureau Veritas e vén de amosar a falla de capacidade deste sistema para garantir que detrás do mesmo existe unha xestión forestal sostible e formula serias dúbidas sobre a orixe dos produtos que se acompañan deste selo.

 



Ler máis... | Data 2010-07-28 14:29:56

 Como en Catalunya, fóra as touradas de Galiza!

O Parlament de Catalunya ven de aprobar por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións a abolición das touradas após de 2012. Este fito histórico abre a porta para que outros territorios rematen definitivamente coa vergoñenta "festa nacional", que en Galiza, malia á ampla oposición social, ten aínda algúns redutos. Precisamente este sábado 31 en Pontevedra, a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra mobilízase para denunciar a tortura convertida en espectáculo da “feria taurina”, demandando o cese de calquera promoción ou soporte público ás touradas, a modificación da lexislación para abolir a tauromaquia e a declaración de Pontevedra como cidade antitaurina e amiga dos animais.


Ler máis... | Data 2010-07-28 14:07:02

 O 42,7% da poboación galega respira aire contaminado

Atmósfera
Segundo o informe de Verdegaia e Ecologistas en Acción "A calidade do aire en Galicia durante 2009", baseado en datos oficiais, polo menos o 42,7% da poboacion galega respira aire contaminado se se toman como referencia os valores límite de concentración de contaminantes no aire recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para a protección da saude humana, mais esixentes que os legais. O tráfico e algunhas industriais, nomeadamente as enerxéticas, son as principais causas de deterioracion da calidade do aire en Galicia.
.


Ler máis... | Data 2010-07-28 14:00:38

 Dragado e voadura de fondos na Ría de Ferrol: a Rede Natura, ao servizo de REGANOSA

Biodiversidade e Espazos Naturais
ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto de dragado e voadura de fondos mariños na ría de Ferrol. A zona de actuación está incluida dentro do LIC Costa Ártabra pertenecente á Rede Natura 2000, e conta con especies protexidas e unha riquísima biodiversidade nos seus fondos. O obxectivo último do proxecto é facilitar a entrada de gaseiros á planta de Mugardos, que incumpre a normativa actual de tráfico para este tipo de barcos con mercadorías perigosas. O EIA tampouco axústase ás recomendacións do CEDEX e sospeitamos que o volume das voaduras será moi superior ao recollido no proxecto.
.


Ler máis... | Data 2010-07-23 13:23:03

 Exposición "As Branhas do Sar em Fotos"

A asociación cultural Gentalha do Pichel inaugura esta cuarta-feira, día 21, ás 19:00, no centro social de Sar, en Compostela, a exposición fotográfica "AS BRANHAS DO SAR EM FOTOS". Organízase en parceiría co núcleo comarcal de Verdegaia. A maior parte das fotos foron feitas no roteiro que se fixo esta primavera para coñecer este espazo natural e senlleiro da cidade compostelá. 
.


Ler máis... | Data 2010-07-20 19:45:24

 Compostela inzada de invasoras ...baixo pena de cadea

Biodiversidade e Espazos Naturais
O concello de Compostela está inzado de especies de flora alóctone e invasora. Veno de verficar a asociación ecoloxista Verdegaia coincidindo coa publicación dunha lei para o endurecemento do código penal, a este respecto, o pasado 22 de xuño. Apresentouse ao Concello un escrito analisando a situación, desde a atinada actuación na Selva Negra, até as desafortunadas atencións que se presta ás invasoras nos parques municipais. Acompáñase un informe con fotografías, especies e localizacións destacadas pola agresión das invasoras, e solicítanse diversas accións.
.


Ler máis... | Data 2010-07-08 19:33:21

 Persiste o uso masivo de herbicidas nas estradas galegas, apesar dos riscos ambientais

O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas é unha práctica cada vez máis estendida en Galiza. Estas substancias biocidas, anque legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos. A alternativa aos herbicidas para controlar a vexetación son as rozas mecánicas selectivas, que ademais contribuen a criar máis postos de traballo. Unha suposta "austeridade" mal entendida está a envelenar os ecosistemas, incrementando de paso o risco de lumes.
.


Ler máis... | Data 2010-07-08 19:28:27

 Convocatorias: Vinte anos na defensa do medio ambiente

Este xoves día 8, a partir das 20:30 horas, no CENTRO SOCIAL DO MAR de BUEU, terá lugar a presentación da exposición VINTE ANOS NA DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE, un repaso da actividade da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) no período 1987-2007, que estará aberta ao público perante o mes de xullo na Aula da Natureza de Cabo Udra.
.


Ler máis... | Convocatorias | Data 2010-07-07 13:46:31

 A planta de RSUs do Morrazo verque, contamina e non composta

Resíduos
Luita Verde denunciuou este luns 5 de xullo na Consellería de Medio Ambiente, Infraestrutura e Territorio que o Complexo Medioambiental de Tratamento de Resíduos Sólidos Urbanos e Asimilábeis da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, ubicado no lugar de Castiñeiras, concello de Cangas, sigue ter verquidos incontrolados de lixo ó ar libre na nave inoperativa de maduración de compost existente nas instalacións, sendo asiduamente visitado o lugar por ducias de gaivotas patiamarelas, e polo tanto un potencial foco de insalubridade e unha vía non desexable de alimentación para esas aves.




Ler máis... | Data 2010-07-06 13:46:10

  Axenda
Non hai Eventos hoxe
Xullo 2010
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

  Acceso
Nome

Contrasinal


  Novas anteriores
05/07/2010
· Europa admite a trámite Informe-Denuncia río Avia
03/07/2010
· Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental
01/07/2010
· Defender as centrais térmicas de carbón é apostar por un futuro negro
· Recurso contra a aprobación do anteproxecto da planta de biomasa a ENCE
28/06/2010
· Xoia botánica ameazada pola falla de previsión da Xunta
25/06/2010
· Recurso de alzada para a paralización do proxecto bidueiros II
· Brañas de Sar agredidas diante de expertos mundiais da auga en Compostela
24/06/2010
· Recurso contencioso contra a nova proposta de parques eólicos
· Día Internacional da Contra a Contaminación Electromagnética
18/06/2010
· O alcalde de Cortegada súmase ó non á incineradora

Arquivo de Noticias


                  
PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Page Generation: 0.10 Seconds
Páxina web subvencionada pola